SAN ROQUE
FEIRA MEDIEVAL
SEMANA SANTA
DANZAS GREMIAIS
Festas Patronais de San Roque
Celébranse entre os días 14 e 25 de Agosto en honra ao patrón da cidade, San Roque. Están declaradas de Interese Turístico Nacional e tamén de interese cultural debido ao variado programa de actividades que se desenvolven anualmente e ao gran contido tanto relixioso como tradicional que encerran os festexos. A afluencia de visitantes é alta sobre todo nos días de actos tradicionais como o lanzamento do globo e os caneiros. O globo lánzase á medianoite do dia do patrón, o 16 de agosto. Os caneiros celébranse os días 18 e 25 de agosto e consisten nun retallo fluvial polo rio Mandeo que vai cheo de barcas engalanadas que transportan aos romeus río arriba para gozar no campo dunha festa que dura todo o día.
Feira Medieval
Ten lugar no segundo domingo do mes de xullo e supón unha volta atrás no tempo. Durante esas datas todo o casco antigo convértese nunha cidade “tipicamente medieval”, na que aparecen diversos postos de artesáns, actividades da época así como gran variedade de representacións teatrais e música de rúa.
Cabe destacar tamén o grao de participación de todos os betanceiros, tanto de asociacións como particulares e o gran número de traxes de época que se poden ver na nosa cidade durante esas datas. Está declarada Festa de Interese Turístico de Galicia.
Semana Santa
De gran tradicción na comarca, conta cun gran número de pasos ,procesións e participantes facendo dela una das Semanas Santas máis atractivas de Galicia. No ano 2017 foi declarada Festa de Interese Turístico de Galicia.
Destacan as procesións do Domingo de Ramos, Xoves Santo e Venres Santo, sendo de especial beleza a coñecida como “Os Caladiños”.
Mercados
As cidades medievais asíntanse en lugares estratéxicos onde fose fácil exercer o comercio e con comunicacións abundantes para a súa expansión. No caso de Betanzos cómprase un terreo ao mosteiro de Sobrado para convertelo en “Campo da Feira”, lugar ideal, fóra dos muros da cidade para a celebración deste acto.
As feiras e mercados tiveron que existir desde o momento do traslado da cidade á súa actual localización no ano 1219. Documentalmente concédese un privilexio polo rei don Fernando, en Valladolid no ano 1341, segundo o cal podía celebrarse unha feira o primeiro día de cada mes manténdose ata os nosos días. O rei Enrique IV, en 1467, concede a celebración dunha feira franca do 1 ao 30 de novembro, así é como a única feira que non se celebra nos días estipulados é a do 30 de Novembro, festividade de San Andrés , para conmemorar este feito histórico.
As feiras en 16 de cada mes establecéronse polo municipio no ano 1871. Salvo as lóxicas consecuencias do progreso, as nosas feiras conservan todo o seu carácter ancestral e son un importante foco de atracción para os visitantes e tamén de negocio para a cidade.
Todos os martes, xoves e sábados do ano, celébrase un mercado de produtos típicos da comarca (queixos, verduras…) na Praza dos Irmáns García Naveira.
A Mostra de Viños e Produtos das Mariñas é un evento que organiza anualmente o Concello de Betanzos e a Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo” cada mes de setembro.
Constitúe o escaparate anual dos produtos agroalimentarios de calidade que se están a producir e transformar no territorio declarado pola UNESCO como Reserva de Biosfera. Neste ano 2018, celebramos a sexta edición na cal se consolidou como un evento referente apuntando á alta cociña, o cal permitiu poñer en valor as producións de calidade que hai no territorio, a recuperación de variedades autóctonas, a innovación coa colaboración dos principais centros de investigación e formación agroalimentarios do territorio, a colaboración con cociñeiros recoñecidos con estrela Michelín, así como tamén permite poñer en valor a Marca de Calidade de produtos e servizos da Reserva de Biosfera.
Ademais, o evento ofrece unha ampla variedade de produtos como as conservas vexetais, produtos de horta, ecoarroces, queixos, stevia, lúpulo, cervexa, xabóns artesanais, ou o viño da Indicación Xeográfica Protexida “Viño da Terra de Betanzos”, tendo especial valor a variedade Blanco Lexítimo.
Pero a Mostra de Produtos das Mariñas non só é un escaparate de producións de calidade, tamén se complementa con un conxunto de actividades como “showcookings”, catas comentadas, maridaxes con produtos locais, talleres infantiles, actuacións musicais…
En definitiva, trátase dunha aposta decidida polos valores da Marca da Reserva de Biosfera, polos circuítos curtos, a calidade, os produtos km 0, a sustentabilidade nas producións locais, a tradición, innovación e unha aposta decidida pola xeración de emprego no rural e o apoio ós nosos emprendedores.
Outras Tradicións
No ano 1988 desenvolveuse en Betanzos a I Bienal de Pintura Balconadas, e desde o principio esta actividade que converte a cidade de Betanzos nunha sala de exposicións, fué unha maneira de achegar a arte pictórica a xente Coa intención de que se fundan a pintura e a arquitectura en Betanzos, celébrase a Bienal de Pintura Balconadas.
Así, formando parte integrante dun conxunto harmónico de Balconadas, irradiadoras de cor e luminosidade propia sobre o centro histórico-artístico da cidade de Betanzos dos Cabaleiros, outrora repleta de brasóns e na bienal suplidos por obras pictóricas de artistas de diferentes latitudes, que contribúen a engalanar o casco monumental, nun fortísimocontraste plástico entre obras de vangarda, as súas Igrexas góticas, a asusteridad románica, a arquitectura barroca e as súas brancas galerías.
Ten lugar o 8 de Setembro no Santuario de Nosa Señora do Camiño. Son masivas as ofertas que esta virxe recibe. Durante todo ese día son continuas celebracións relixiosas, así como o continuo desfilar de romeus cumprindo todo tipo de ofrecementos realizando á Virxe dos Remedios. Pola tarde é de destacar a Procesión, na cal a Virxe é portada polos fieis nun percorrido por todo o barrio, que parte da Igrexa e vai ata a Praza de Enrique IV, volvendo ao templo, e acompañada durante todo o traxecto por infinidade de crentes, así como pola Banda Municipal de Música de Betanzos.
Tradicional romaría que se celebra o 28 de Setembro,coincidindo coa festividade de San Miguel.Antigamente tamén coincidía coa Festa do Mosto, debido a que é a época a vendima.
Hoxe en día realízanse procesións e misas no Santuario de Vos Remedios..
Reminiscencia do insigne pasado de Betanzos son as danzas gremiais da baixa Idade Media. Ata os nosos días chegan a do gremio dos mariñeiros tamén coñecida como danza de arcos e as do gremio dos labradores.
Ademais da súa gran beleza, destacan por conservar tamén as vestimentas gremiais.
Desde 2007 celébrase este evento para promocionar e homenaxear ao prato estrela da gastronomía betanceira.Numerosos locais de hostalería da cidade compiten para elixir á mellor tortilla.
O gañador representa a Betanzos no certame nacional de tortilla de patacas, sendo gañadores en numerosas edicións.
A hostalería betanceira mostra o seu bo facer, innovación, e traballo neste certame que se celebra a principios do mes de Decembro.
É unha boa maneira de coñecer diferentes propostas gastrónomicas da nosa localidade.