RUTA IRMÁNS GARCÍA NAVEIRA

RUTA DO CASCO HISTÓRICO

RUTA DO VIÑO, SANTUARIOS E RÍOS

RUTA DO MODERNISMO

RUTA URBANA, OFICIOS E TRADICIÓNS



Ruta dos irmáns García Naveira

O obxectivo desta ruta é dar a coñecer o labor dos Irmáns García Naveira, Juan e Jesús, dous importantes benefactores da cidade no inicio do século XX.

Lestes emigrantes a Arxentina (“indianos”) lograron unha gran fortuna que dedicaron, ao seu regreso a Betanzos, á construción de grandes obras benéficas para os desfavorecidos e á creación dun lugar de ilusión, o xardín do Pasatempo, un parque enciclopédico que garda moitos soños por descubrir.

ESTATUA DOS IRMÁNS GARCÍA NAVEIRA (1), CASA DOS IRMÁNS GARCÍA NAVEIRA (2), CASA DO POBO (3), ESCOLAS DE DON JESÚS GARCÍA NAVEIRA (4), PARQUE DO PASATEMPO (5), LAVADOIRO PÚBLICO (6), ESCOLA, ASILO GARCÍA IRMÁNS (7)



Ruta do casco histórico

O obxectivo desta ruta é dar a coñecer todo o patrimonio histórico artístico. O centro histórico foi declarado Conxunto Histórico Artístico no ano 1970 e conta cos monumentos nacionais como son a Igrexa de Santa María de Azogue e a Igrexa de San Francisco.

A través do percorrido polo recinto medieval da cidade (a única en Galicia que conserva tres portas medievais) coñeceremos os episodios da cidade, feitos curiosos e visitaremos os principais monumentos.

PRAZA DOS IRMÁNS GARCÍA NAVEIRA (Estatua dos Irmáns García Naveira (1), Igrexa de Santo Domingo, Edifico Arquivo, Antigo Hospital de San Antonio, Fonte de Diana Cazadora e Soportais), PALCO DA MÚSICA (2), PORTA DA VILA (3), PRAZA DA CONSTITUCIÓN (Casa Nuñez (4), Pazo de Bendaña, Concello, Pazo e Torre de Lanzós), IGREXA DE SANTIAGO (5), RÚA VOS FERREIROS (Pazo de Taboada (6) e Porta da Ponte Nova), IGREXA DE SANTA MARÍA DE AZOGUE (7), IGREXA DE SAN FRANCISCO (8) (Sepulcro de Fernán Pérez de Andrade “ O Boo”), PORTA DO CRISTO (9), RÚA DA CERCA, PORTA DA PONTE VELLA (10), CONVENTO DAS AGUSTINAS RECOLETAS (11), CASAS POPULARES DA FONTE DE UNTA (12).



Ruta do viño, santuarios e ríos

O obxectivo desta ruta é dar a coñecer todo o patrimonio que posúe Betanzos fóra do seu núcleo urbano. Co eixo condutor dos ríos Mandeo e Mendo, os viñedos que rodean a Betanzos e os santuarios de máis devoción (Vos Remedios e As Angustias).

Deseñáronse dous percorridos para coñecer a parte rural e natural de Betanzos.

Percorrido 1:
SANTUARIO OS REMEDIOS, CEMITERIO MUNICIPAL, IGREXA SAN MARTIÑO DE TIOBRE (1), CAMPO DE SAN PAIO, CAMIÑO INGLÉS RUTA DO RÍO PELAMIOS (2), VISITA Á BODEGA DO VIÑO DO PAÍS DA ZONA.

Percorrido 2:
SANTUARIO DAS ANGUSTIAS (3), PAZO DE ILLOBRE (4), LUGAR DE ROIBEIRA (5), FONTE DE PICACHÁ (6), IGREXA DE SAN MARTIÑO DE BRAVÍO (7), VISITA Á BODEGA DO VIÑO DE BETANZOS NA ZONA (8).



Ruta do modernismo e o século XX: obra de Gónzalez Vuillar

O obxectivo desta ruta é dar a coñecer os edificios e elementos máis característicos do estilo modernista que se poden contemplar na cidade de Betanzos.

A principios do século XX, Betanzos experimenta unha profunda transformación deixando atrás as murallas medievais e construíndose unha serie de residencias familiares no estilo da época, o Modernismo. Arquitectos como o coñecido Rafael González Villar contribúen coa súa obra.

FONTE DIANA CAZADORA (1), CASA VALDOLCEL Nº 7, CASA PITA (2), PALCO DA MÚSICA (3), CASA DE DONA ÁGUEDA, FAROIS DO CANTÓN (4), HOTEL RÚA NOVA, CASA NUÑEZ (5), CASA LIMIÑÓN (6), CASA DO POBO (7), ESCOLAS DE DON JESÚS GARCÍA NAVEIRA, MATADOIRO (8), FÁBRICA DE ELECTRICIDADE DA PONTE NOVA, CASA FLORA (9).



Ruta de oficios e tradicións

O obxectivo desta ruta é dobre: por unha banda, explicar a configuración da cidade de Betanzos desde os comezos como o Castro de Untia ata a súa transformación nunha vila medieval e o paso á época contemporánea.

Doutra banda, revisaranse os antigos oficios e gremios da cidade (que aínda perviven no rueiro) e as industrias que deron fama a Betanzos como pode ser o cultivo do viño, o lúpulo, a carpintería de ribeira ou os areneros. Haberá tempo tamén para explicar algunhas lendas relacionadas coa cidade de Betanzos.

MUSEO DAS MARIÑAS (1), PORTA DA VILA (2), RÚA DOS PRATEIROS, PORTA DA PONTE VELLA (3), PUERTO, A GALERA(4), RUA VALDONCEL



Ruta Diana Cazadora

A ría de Betanzos está no norte da provincia da Coruña e baña os municipios de Sada, Bergondo, Betanzos, Paderne, Miño e Pontedeume.

A ría nace na cidade de Betanzos, como consecuencia da desembocadura conxunta dos ríos Mendo e Mandeo. Discorre entre marismas e xuncais durante uns oito quilómetros, e amplíase notablemente a partir de entón, para acabar uníndose á Ría de Ares no cabo coñecido como Punta Carboeira. Ademais dos mencionados ríos, desembocan nas súas augas o Lambre e o Baxoi, ambos os dous pola súa marxe dereita. Conta con algunhas das mellores praias de Galicia, e destacan especialmente a de Perbes e a Praia Grande, no Concello de Miño, e a de Gandarío, no termo municipal Bergondo.

O río Mandeo nace a 700 metros de altitude nos picos da “Cova da Serpe” no Concello de Sobrado, o río Mandeo percorre máis de cincuenta quilómetros ata chegar á súa desembocadura na fermosa ría de Betanzos, onde se une co río Mendo. En maio de 2013 a UNESCO declarou como Reserva de Biosfera o ámbito ocupado polos concellos de Abegondo, Aranga, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Coirós, Culleredo, Curtis, Irixoa, Miño, Oleiros, Oza- Cesuras, Paderne, Sada e Sobrado, que comprenden unha superficie de 116 724 hectáreas.

Denomínase “As Mariñas coruñesas e Terras do Mandeo”.

A primeira referencia á xira fluvial dos Caneiros é de 1889 nun xornal da cidade, mais viña celebrándose desde antes e noutro lugar. Onde está o Lavadoiro municipal existía un campo no que o día 17 de agosto se celebraba unha romaría gastronómica (polo
menos en 1886). É máis, durante un tempo conviviron ambas as festas. Tampouco sempre foi o 18 de agosto senón que variaba entre o 14 e o 18 (que era a duración das festas entón). Orixinariamente fálase de excursión de barcos de recreo, adornados para chegar ao campo e celebrar alí, bailes, globos e lumes e non hai referencias a comida.

O campo onde se celebra a festa está situado no Concello de Coirós mais pertence ao Concello de Betanzos. Está situado no límite navegable do río e onde chega a auga das mareas. O nome dos Caneiros refírese a unhas antigas construcións que se facían para favorecer as pescas. O campo sufriu transformacións, por exemplo, houbo que construír embarcadoiros, plantar os plátanos que dan sombra ao campo. Tamén se constrúe unha fonte ao aparecer un manancial.

ESLORA TOTAL: 15 METROS
MANGA: 5 METROS
CALADO: 0,80 METROS
CAPACIDADE: 55 PERSOAS
EMBARCADOIRO: PASEO DE LA TOLERANCIA

PASEOS TURÍSTICOS
HORARIOS SEGUNDO O CALENDARIO
DURACIÓN: 01:30 H
PREZO: 5 € PERSOAS ADULTAS – 1 € NENOS/AS DE 4 A 12 ANOS
CAPACIDADE: 55 PASAXEIROS/AS (MÍNIMO 20 PASAXEIROS/AS)
ATRAQUE: NON
COMIDA: NON
ACCESIBILIDADE: LIMITADA POLA ZONA DE EMBARQUE

XIRAS
HORARIOS PARA CONVIR (MAREAS)
DURACIÓN: DE 13:00 H A 21:00 H
PREZO: 615 € COLECTIVOS ORGANIZADOS / 260 € ASOCIACIÓNS LOCAIS
CAPACIDADE: 55 PASAXEIROS/AS
ATRAQUE: SI (NO CAMPO DOS CANEIROS)
COMIDA: SI (CON CÁTERING EXTERNO)
ACCESIBILIDADE: LIMITADA POLA ZONA DE EMBARQUE

DISPOÑIBILIDADE DIANA CAZADORA
Para reservas contacten coa oficina de turismo no teléfono 981 776 666 ou 638 543 169 (WhatsApp) correo electrónico [email protected]