Camiño Inglés

Xorde no século XII como alternativa ao Camiño Francés. É unha ruta que combina unha parte marítima utilizada polos peregrinos do norte de Europa (ingleses, irlandeses, nórdicos, etc.) para evitar a ruta terrestre en épocas perigosas.

É un camiño mixto (marítimo e terrestre) que unha vez que se asentou o Camiño Francés como principal ruta, perdeu a importancia pero desde hai anos recuperouse e é percorrido por numerosos peregrinos.

É un camiño que non está explotado que permite percorrerse con tranquilidade e gozar dunha paisaxe que combina mar e interior, cidades medievais e aldeas galegas.

Por tanto, o Camiño Inglés de peregrinación a Santiago parte de Ferrol, atravesa a comarca do Eume e chega a Betanzos. É unha etapa chea de recursos paisaxísticos e patrimoniais.